Reorganización e mellora dos espazos da Fundación coa reapertura da Exposición permanente e a inauguración dun novo espazo cultural e expositivo, integrado na zona de recepción e tenda da Fundación

Vista de la nueva recepción de la FGTB

A Deputación da Coruña concedeu unha subvención á FGTB, destinada a mellorar as instalacións da FGTB. Esta subvención permitiu unha mellora substancial da zona da tenda e da recepción de visitantes da sede da FGTB na rúa do Vilar 7/9, e está incluída no plan general  de rehabilitación e actualización da nosa sede fundacional, así como na súa apertura ao público e ás persoas investigadoras. A actuación consiste na reordenación e redeseño do espazo de recepción de visitantes e da tenda co obxecto de adecuar as instalacións ás necesidades de atención ao público, mellorar a funcionalidade da área, favorecer a accesibilidade e ofrecer unha experiencia máis ordenada e cómoda para as persoas visitantes.

Ademais, durante os anos 2025-2026 realizamos unha importante labor de reordenación interna xeral de todos os espazos do edificio, que queda agora configurado cunha estrutura moi definida por andares, destinados aos diferentes departamentos en que se divide a actividade da FGTB. Ademais da citada exposición dedicada a o noso fundador, a recepción e tenda están na planta baixa.  O primeiro andar configurouse como un espazo multiusos dedicado a exposicións temporais e actividades culturais; o segundo andar está ocupado polo Centro de Investigación Gonzalo Torrente Ballester, que inclue a biblioteca, a hemeroteca e o arquivo do noso fundador; o terceiro andar destínase a espazo museográfico do escritor e zona de reunións e actividades de representación do Padroado; ademais das oficinas e diversos espazos para arquivo e almacenamento situados nas entreplantas.