A biblioteca da Fundación Gonzalo Torrente Ballester custodia o legado do seu fundador, que cedeu á institución a totalidade dos seus libros procedentes dos seus domicilios de Salamanca e A Ramallosa (Pontevedra). Todos e cada un dos exemplares que compoñen a súa biblioteca persoal, selados co ex libris do seu propietario, teñen un valor incalculable por conformar o universo de lectura no que habitou Gonzalo Torrente, no que se formou para desenvolver as súas vertentes profesionais de escritor, crítico e profesor e as súas diversas e variadas afeccións e intereses (música, arte, teoloxía…). Pero ademais, a biblioteca atesoura exemplares especialmente valiosos por conter dedicatorias persoais, anotacións do propio Torrente Ballester ou pola súa antigüidade ou rareza.
O fondo consta de preto de 14.000 libros organizados mediante a CDU (Clasificación decimal universal). A biblioteca forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia e o seu catálogo pódese consultar na rede.
Neste fondo bibliográfico, que ocupa a segunda planta do edificio, podemos diferenciar cinco grandes seccións:
Na primeira planta da sede (a sala de lectura), atópase o fondo FGTB composto por todos aqueles libros que non pertenceron á biblioteca persoal de GTB: publicacións relacionadas coas actividades culturais que se desenvolven na institución (exposicións, congresos, etc.). Tamén as doazóns, destacando a recibida, procedente de Nova York, da profesora americana Drosula Lytra á FGTB de aproximadamente mil volumes, a maioría de literatura española.
Componse de doce seccións inventariadas e en proceso de descrición e dixitalización:
Orixinais
Consta de 29 caixas e 165 expedientes. Trátase dunha das series máis valiosas por conter orixinais manuscritos e mecanografados, galeradas corrixidas, versións diferentes dunha mesma obra, apuntamentos, notas, prólogos, conferencias, artigos, etc.
Adaptacións dalgunhas obras de GTB
Esta serie componse de 6 caixas e 47 expedientes e contén guións e proxectos de adaptación de diferentes obras de GTB, algúns levados a cabo (Los gozos y las sombras, El rey pasmado) e outros non (Campana y piedra, El golpe de Estado de Guadalupe Limón, Off-side entre outras).
Prensa
25 caixas conteñen, clasificados en 71 expedientes, os artigos escritos por GTB en prensa, outros publicados sobre el e a súa obra (entrevistas, reseñas) e algúns de temática diversa que interesaron ao escritor no seu momento.
Traballos, teses e publicacións sobre a obra de GTB
15 caixas e 85 expedientes.
Obras enviadas a GTB para a súa crítica
Nestas 17 caixas cos seus 128 expedientes atópanse obras de diversa índole (literarias, de investigación, traducións…).
Correspondencia
O epistolario de GTB ocupa 13 caixas cun total de 3745 pezas.
Fotografías
En 11 caixas gárdanse álbumes, fotografías, negativos e diapositivas do ámbito persoal e profesional da vida de GTB.
Música
19 caixas conteñen 329 discos de diferentes xéneros musicais, propiedade de GTB.
Cintas e cartuchos
Sen dúbida, a sección máis singular e valiosa do arquivo, por conter un total de 407 pezas, algunhas de música pero na súa maioría gravacións que GTB realizou cos seus magnetófonos e gravadoras. En proceso de dixitalización, transcrición e ordenación, as gravacións clasifícanse en: entrevistas, notas de traballo, conferencias, clases e diarios persoais.
Expediente persoal
1 caixa
Honores e distincións
Consta de 7 caixas con 111 pezas, algunhas delas expostas na sede da fundación.
Varios
Componse de 6 caixas que conteñen todo tipo de documentación contida nos libros da biblioteca de GTB.