Exposición Gonzalo Torrente Ballester. Itinerario de vida e creación. 2026.

En xuño de 2025 inaugurouse esta exposición adicada ao noso fundador na nosa sede de Santiago de Compostela.

A mostra repasa a vida e obras do noso fundador e propón un atractivo percorrido polos diferentes espazos vitais mediante heteroxéneas pezas, incluídos manuscritos, documentos orixinais, primeiras edicións e obxectos persoais. Todos eles demostran a súa paixón pola fotografía e o cine, a escritura e a docencia. Son ademais proba dunha vida singular en continuo tránsito tanto físico como intelectual e artístico que se xestan e se desenvolven en cada unha desas etapas: Ferrol, Madrid, Pontevedra, Albany (EUA), Vigo e A Romana, Salamanca.

Cada sección responde a unha cidade que habitou, coa que se explica como e en que momento foron xurdindo as diversas facetas nas que se despregou a actividade intelectual e artística. Obviamente a máis coñecida foi a de escritor, pero tamén foi profesor e estudoso da Historia, ensaísta, articulista de prensa, crítico literario e teatral, guionista teatral e cinematográfico e fotógrafo.

A mostra inclúe o Recuncho do escritor e un documental GTB x GTB que repasa a súa vida. Tamén inclúe o recoñecemento tardío con premios como o Nacional de Literatura (1980) e o Cervantes (1985), Premio Príncipe de Asturias das Letras, varios doutoramentos honoris causa e a Cruz de Afonso X o Sabio.

Todos os obxectos e a documentación expostos pertencen ao legado fundacional e son parte dos fondos da FGTB que se conservan na nosa sede.

A exposición inaugurouse o 3 de xullo de 2025 e estivo aberta ao público entre xullo e outubro de 2025.

Durante 2026 estará aberta os sete días da semana entre abril e outubro, a entrada custa 3,5 euros. A exposición preséntase en galego principalmente pero tamén en castelán e inglés. Hai un catálogo en castelán e outro en galego á venda na nosa tenda.

https://www.instagram.com/fundaciongtb/reel/DLo29n3IhEP/