Varios

Compostela (1948)

Madrid, Afrodisio Aguado, 1948.

Edición de luxo con ilustracións da pintora romanesa María Droc. As tres primeiras páxinas, que levan o título “Introducción a Compostela”, foron escritas en 1941, publicadas nun diario madrileño, e posteriormente incorporadas a este libro a modo de prefacio ou introdución. Deixando a un lado a homenaxe que o texto supón para a cidade do Apóstolo, o seu estilo posúe claras semellanzas co dalgunhas das obras máis recentes do autor: creación dun mundo fantástico, misterioso e lírico no que a musicalidade xoga un importantísimo papel. O amplísimo contido abarca desde a arquitectura da cidade ata a xente protagonista da súa historia. Péchase coa súa visión de Compostela.

Santiago de Rosalía Castro. Apuntes sobre la vida en Compostela en tiempos de Rosalía Castro (1989)

Barcelona, Planeta (col. Ciudades en la Historia), 1989.

santiago

Unha vez máis Torrente pérdese polas rúas do Santiago monumental para revivir agora a historia das persoas que o habitaban no século XIX. Libro de encargo no que traza unha visión da cidade do Apóstolo en tempos de Rosalía. A obra ofrece ademais o retrato dun modo de vida cuxos aspectos esenciais parecen perdurar hoxe.