Madrid, Ediciones Escorial, 1942.
Contén a primeira edición da farsa El pavoroso caso del señor cualquiera (páxs. 145-210) e sete ensaios de crítica teatral escritos entre 1941 e 1942. Seis dos sete ensaios serán reeditados en El Quijote como juego y otros trabajos críticos: “Corenta anos de teatro e algunhas cousas máis”, “En torno al problema teatral”, “De la colectividad en el arte dramático”, “Biografía y carácter en el drama”, “Miscelánea teatral” (todos eles de 1941), e “¿Qué pasa con el público?” (de 1942). El pavoroso caso del señor cualquiera é unha obra de carácter metateatral que utiliza os innovadores planteamentos do teatro vanguardista polo xogo cos límites entre a realidade e a ficción. Tematicamente falando, indaga no enigma da identidade, tema frecuente na literatura do autor. A orixe desta farsa está nun conto, publicado no diario madrileño La Tierra (4 de febreiro de 1931) sen nome de autor, titulado “Cuento que no tiene título”. Se temos en conta a orixe, esta farsa é a primeira obra dramática que escribiu. CB.
Madrid, Afrodisio Aguado, 1949.
Precedida dunha interesante introdución na que GTB trata de establecer os rasgos que caracterizan a literatura española e a singularizan respecto da literatura universal, o percorrido pola literatura española detense en 1936. O volume proporciona ademais aproximacións á concepción estética ou os planteamentos de creación de escritores foráneos (Joyce, Tolstoi, Kafka, etc.) non moi coñecidos na España de entón. CB.
Madrid, Guadarrama, 1957 (1968).
Recollida de artigos sobre teatro español contemporáneo. Varios dos estudos que conforman o seu contido serán incluídos no volume Ensayos críticos. A segunda edición desta obra amplía cumpridamente a anterior e introduce, sen eliminar os antigos, novos xuízos sobre a mesma peza, ás veces contradictorios, o cal permite seguir o pensamento crítico do autor.
Madrid, Guadarrama, 2 vols. (1968).
Trátase dunha segunda edición do volume anterior na que desaparece a introdución e modifícase o título. Se o texto da primeira edición se detén en 1936, esta prolongase ata finais dos anos cincuenta.
Existe unha edición reducida co título de Literatura española contemporánea, adaptada ao programa oficial de preuniversitario (Madrid, Guadarrama, 1963).
Madrid, Doncel, 1965.
Texto incorporado aos programas educativos do entón chamado bacharelato elemental, cuxo contido consta dun prólogo, dirixido aos adolescentes, sobre valores morais e cívicos, e unha selección antolóxica de textos dalgúns dos mellores autores da literatura española, acompañados dun comentario de Torrente.
Madrid, Guadarrama, 1975.
Estudio orixinalísimo da obra de Cervantes, no que se desenvolve unha elaborada teoría centrada sobre un dos aspectos esenciais do texto cervantino: o personaxe e o seu xogo. Partindo de que a literatura é un xogo, o autor analiza o proceso de creación de Alonso Quijano, cuxas claves descobre ao longo destas páxinas.
Barcelona, Destino, 1982.
O seu contido está dividido en dúas partes cuxos títulos revelan o ámbito literario ao que se adscriben estes ensaios: a novela e o teatro.
A primeira parte, titulada “Acerca de la novela y su arte” contén os seguintes ensaios: “Esbozo de una teoría del personaje literario”, páxs. 9-34; “La lucha por la vida”, páxs. 34-55; “Belarmino y Apolonio” (conferencia), páxs. 56-80; “Don Juan” (conferencia) páxs. 81-115; e “Acerca del novelista y de su arte” (discurso de ingreso na RAE), páxs. 116-142. A segunda, titulada “El hombre y sus cosas en el teatro”, contén: “Cuatro piezas de adulterio”, páxs. 145- 243; “Tragedia, comedia y farsa de la soltería insatisfecha”, páxs. 244-290; “Don Juan tratado y maltratado”, páxs. 291-321; “Apéndice a Don Juan”, páxs. 322-366; “De Pepa Doncel a Santa Isabel de Cores”, páxs. 367-390; “Teatro histórico”, páxs. 391-445; “Dos visiones de lo cómico”, páxs. 446-480; e “Los frutos prematuros”, páxs. 481-574.
Barcelona, Plaza y Janés, 1982 (1982).
O seu contido permite a entrada no “obradoiro do escritor” ao recoller unha boa parte do traballo que Torrente rexistrou en cintas magnetofónicas, desde decembro de 1961 ata decembro de 1976. O texto reproduce exactamente o gravado, sen máis corrección que a de detalle, e a omisión, obviamente, de nomes propios. Ao longo das súas páxinas o lector asiste á xestación e posterior nacemento de varias das súas obras, e convértese en testemuña de excepción dos medos, as alegrías e os problemas de Torrente Ballester.
En Teatro 2, Barcelona, Destino, 1982, páxs. 245-362.
Contén fragmentos dos diarios de Torrente entre os anos 1940 e 1947. Durante estes anos Torrente escribe teatro, e inicia varias obras que nunca chegou a terminar. Por estas páxinas xorden títulos que non viron a luz. Algúns deles non foron máis que un proxecto a medias definido; outros, en cambio, desenvólvense en páxinas e páxinas, continuamente modificándose, nunca alcanzando unha forma plena. Ademais do interese técnico-literario estes diarios posúen, ademais, un significado testemuñal, en canto que reproducen fielmente o bulicio dunha mente nova, repleta de ideas e con uns coñecementos aos que moi temperánmente accedera.
Barcelona, Destino, 1984.
A partires do seu ensaio sobre o Quixote, este volume contén unha serie de artigos de crítica literaria, e estudos sobre algúns escritores, publicados entre 1940 1960. Os seis primeiros figuran no libro, xa citado, Siete ensayos y una farsa; os demais foron publicados en diversas revistas e diarios. O volume inclúe ademais tres prólogos escritos e publicados despois dos anos setenta, e un artigo, “Esbozo sobre el humor”, que apareceu en Cuadernos del Norte.