FUNDACIÓN GONZALO
TORRENTE BALLESTER

Profesor, novelista, crítico, autor dramático e xornalista

«O que un inventa baixo o influxo de Dionisos ten que traballalo baixo o influxo de Apolo»

Actividades en la Fundación

Actividades na FGTB

A Fundación mantén unha programación permanente de actividades culturais na súa sede de Santiago de Compostela.

Gonzalo Torrente Ballester. Itinerario de vida e creación. O recuncho do escritor.

FICHA | Exposición permanente baseada na realizada na Biblioteca Nacional e comisariada por Carmen Becerra e Darío Villanueva

CONTIDO | Percorrido pola vida e obra do escritor GTB a través de fotografías do autor ou realizadas por el, así como unha selección da súa obra, con reproducións, primeiras edicións e manuscritos orixinais procedentes da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, ademais dunha mostra dos premios recibidos ao longo da súa carreira. Inclúe unha recreación do seu recuncho de traballo da súa última biblioteca en Salamanca.

LUGAR | Fundación Gonzalo Torrente Ballester. Rúa do Vilar, 7, 15705 Santiago de Compostela.

HORARIO | A fundación volverá abrir as súas portas ao público en 2026 entre o 1 marzo e o 31 outubro. Para visitas guiadas á exposición para grupos, poden escribir a fgtb @ fgtb.org para reservar o día de visita.

TARIFAS | Entrada xeral: €3. Entrada reducida: €2 para estudantes, persoas maiores de 65 anos e pensionistas. Entrada gratuita: persoas con discapacidade.