FGTB - Fundación Gonzalo Torrente Ballester
  • Inicio
  • A Fundación
    • Que é a Fundación Gonzalo Torrente Ballester
    • Centro de investigación GTB
    • O recuncho do escritor
    • Arquivo sonoro
  • GTB
    • Currículo, dalgún xeito (por GTB, 1981)
    • Nota autobiográfica (por GTB, 1986)
    • Biografía
  • Obras
    • Novelas de Gonzalo Torrente Ballester
  • ES
  • Menu Menu
  • X
  • Facebook
  • Instagram

Centro de investigación GTB

Biblioteca

A biblioteca da Fundación Gonzalo Torrente Ballester custodia o legado do seu fundador, que cedeu á institución a totalidade dos seus libros procedentes dos seus domicilios de Salamanca e A Ramallosa (Pontevedra). Todos e cada un dos exemplares que compoñen a súa biblioteca persoal, selados co ex libris do seu propietario, teñen un valor incalculable por conformar o universo de lectura no que habitou Gonzalo Torrente, no que se formou para desenvolver as súas vertentes profesionais de escritor, crítico e profesor e as súas diversas e variadas afeccións e intereses (música, arte, teoloxía…). Pero ademais, a biblioteca atesoura exemplares especialmente valiosos por conter dedicatorias persoais, anotacións do propio Torrente Ballester ou pola súa antigüidade ou rareza.

O fondo consta de preto de 14.000 libros organizados mediante a CDU (Clasificación decimal universal). A biblioteca forma parte da Rede de Bibliotecas de Galicia e o seu catálogo pódese consultar na rede.

Busca no OPAC Meiga (Fondo FGTB)

Neste fondo bibliográfico, que ocupa a segunda planta do edificio, podemos diferenciar cinco grandes seccións:

  1. Áreas de coñecemento sobre as que GTB lía e estudaba: filosofía, teoloxía, lingua e lingüística, arquitectura, pintura, fotografía, música, historia, da cuxa variedade e volume se infiere o ilimitado interese pola arte do prolífico e polifacético autor.
  2. Literatura, teoría e crítica da literatura, a máis numerosa dado o seu oficio de escritor e profesor de literatura e gramática, profesión esta última que exerceu durante corenta anos e que reivindicou por encima de calquera outra das súas.
  3. Publicacións periódicas, sección constituída por números soltos de publicacións que conteñen artigos de e sobre GTB e outras ás que estaba subscrito ou adquiría con asiduidade, entre os cales atopamos tanto revistas literarias e culturais (Cuadernos hispanoamericanos, Nós, Escorial, Cruz y raya, Boletín de la RAE, Revistad de occidente, Grial) como publicacións da máis diversa índole (Paris Match, Revista de arqueología, Concilium. Revista internacional de teología, National Geographic, Gaceta ilustrada).
  4. Obra de GTB. Nun lugar diferenciado do resto do fondo, sitúase a práctica totalidade das edicións publicadas, así como as traducións e as súas colaboracións en volumes colectivos con artigos, conferencias, etc., ou doutros autores con prólogos e introducións. A biblioteca tamén conta cunha sección dedicada aos estudos sobre GTB. É a única aberta, que se mantén en constante crecemento para actualizala coas últimas publicacións e traballos de investigación (teses, tesinas).
  5. Fondo antigo. Considerando como tal aqueles exemplares publicados con anterioridade a 1900, a colección complétase cuns 250 volumes. O exemplar de maior antigüidade, de temática relixiosa, data do ano 1669.

Na primeira planta da sede (a sala de lectura), atópase o fondo FGTB composto por todos aqueles libros que non pertenceron á biblioteca persoal de GTB: publicacións relacionadas coas actividades culturais que se desenvolven na institución (exposicións, congresos, etc.). Tamén as doazóns, destacando a recibida, procedente de Nova York, da profesora americana Drosula Lytra á FGTB de aproximadamente mil volumes, a maioría de literatura española.

Arquivo

Componse de doce seccións inventariadas e en proceso de descrición e dixitalización:

Orixinais
Consta de 29 caixas e 165 expedientes. Trátase dunha das series máis valiosas por conter orixinais manuscritos e mecanografados, galeradas corrixidas, versións diferentes dunha mesma obra, apuntamentos, notas, prólogos, conferencias, artigos, etc.

Adaptacións dalgunhas obras de GTB
Esta serie componse de 6 caixas e 47 expedientes e contén guións e proxectos de adaptación de diferentes obras de GTB, algúns levados a cabo (Los gozos y las sombras, El rey pasmado) e outros non (Campana y piedra, El golpe de Estado de Guadalupe Limón, Off-side entre outras).

Prensa
25 caixas conteñen, clasificados en 71 expedientes, os artigos escritos por GTB en prensa, outros publicados sobre el e a súa obra (entrevistas, reseñas) e algúns de temática diversa que interesaron ao escritor no seu momento.

Traballos, teses e publicacións sobre a obra de GTB
15 caixas e 85 expedientes.

Obras enviadas a GTB para a súa crítica
Nestas 17 caixas cos seus 128 expedientes atópanse obras de diversa índole (literarias, de investigación, traducións…).

Correspondencia
O epistolario de GTB ocupa 13 caixas cun total de 3745 pezas.

Fotografías
En 11 caixas gárdanse álbumes, fotografías, negativos e diapositivas do ámbito persoal e profesional da vida de GTB.

Música
19 caixas conteñen 329 discos de diferentes xéneros musicais, propiedade de GTB.

Cintas e cartuchos
Sen dúbida, a sección máis singular e valiosa do arquivo, por conter un total de 407 pezas, algunhas de música pero na súa maioría gravacións que GTB realizou cos seus magnetófonos e gravadoras. En proceso de dixitalización, transcrición e ordenación, as gravacións clasifícanse en: entrevistas, notas de traballo, conferencias, clases e diarios persoais.

Expediente persoal
1 caixa

Honores e distincións
Consta de 7 caixas con 111 pezas, algunhas delas expostas na sede da fundación.

Varios
Componse de 6 caixas que conteñen todo tipo de documentación contida nos libros da biblioteca de GTB.

A Fundación

  • Que é a Fundación Gonzalo Torrente Ballester
  • Centro de investigación GTB
  • O recuncho do escritor
  • Arquivo sonoro
 
© Fundación Gonzalo Torrente Ballester | Rúa do Vilar nº 7, 15705 Santiago de Compostela (España) | fgtb@fgtb.org | Aviso legal | Privacidad | Cookies
  • X
  • Facebook
  • Instagram
Scroll to top
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad