Obra xornalística de GTB

Cuadernos de La Romana (1975)

Barcelona, Ediciones Destino (col. Áncora y Delfín), 1975; Destinolibro, 1987.

Este volume recolle os artigos da colaboración semanal do autor no diario Informaciones desde outubro de 1973 ata setembro de 1974. Torrente, que escribe na súa casa de A Romana (Pontevedra), fala de temas variadísimos que abarcan desde cuestións domésticas ata os asuntos máis serios e transcendentais. Ton irónico, reflexivo e impregnado de bo humor.

Nuevos cuadernos de La Romana (1976)

Barcelona, Ediciones Destino (col. Áncora y Delfín), 1976; Destinolibro, 1987.

Na mesma liña do anterior, contén as columnas que escribiu semanalmente no diario Informaciones entre outubro de 1974 e agosto de 1975. Idéntica variedade temática que flúe a través dun impecable castelán de sintaxe sinxela xerando un xornalismo directo e de fácil lectura.

Cotufas en el golfo (1986)

cotufas_pqBarcelona, Ediciones Destino, 1986; (col. Áncora y Delfín), 1987; Destinolibro, 1990.

Contén a colaboración semanal de Torrente, desde 1981, no diario ABC. Recollidos por orde cronolóxica, trázase o seu itinerario vital ao longo deses anos a través dunha visión personal dos feitos que acontecían ou dos seus pensamentos íntimos e as súas lecturas.

Torre del Aire (1993)

torredelaire_pqA Coruña, Diputación de A Coruña, 1993.

Recolle os artigos publicados por Torrente, desde setembro de 1975 ata decembro de 1979, no suplemento literario Informaciones de las artes y las letras. Artigos escritos na súa casa de Salamanca, fronte á torre do mesmo nome. O contido dos mesmos revela idénticas preocupacións, intereses e inquedanzas que na súa obra xornalística anterior. Edición e prólogo de César Antonio Molina.

Memoria de un inconformista (1997)

inconformista_pqMadrid, Alianza Editorial, 1997.

Amplia selección de artigos publicados no diario Faro de Vigo, na columna titulada “A modo”, desde xullo de 1964 ata principios de 1967, período moi conflictivo da ditadura franquista. Ademais de temas literarios, o autor enfróntase aquí con temas de índole social, político ou relixioso, non só de carácter nacional, senón tamén internacional. Edición e prólogo de César Antonio Molina.