Arquivo sonoro GTB
Sen dúbida, a sección máis singular e valiosa do arquivo do FGTB, por conter un total de 407 pezas, algunhas de música pero na súa maioría gravacións que GTB realizou cos seus magnetófonos e gravadoras.
En proceso de dixitalización, transcrición e ordenación, as gravacións clasifícanse en:
- entrevistas
- notas de traballo
- conferencias
- clases e
- diarios persoais.