A Fundación
Santiago de Compostela
A Fundación Gonzalo Torrente Ballester (FGTB) constitúese en Santiago de Compostela o 22 de xullo de 1999. Son institucións fundadoras da mesma: a Xunta de Galicia, o Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela. Defínese como unha entidade “de interese galego, de carácter cultural, privado, permanente e sen ánimo de lucro”.
A FGTB custodia o legado do seu fundador albergando a totalidade da súa biblioteca cun fondo de 17.000 libros, e o seu arquivo persoal integrado por artigos, cartas, obxectos persoais, cadros e distincións, así como centos de bobinas e cintas magnetofónicas coa súa voz.
Desde os seus inicios, a sede da FGTB converteuse nun punto de referencia importante da actividade cultural de Santiago de Compostela, transformándose nun lugar de encontro de artistas, escritores, investigadores e persoas relacionadas co mundo da ciencia e a cultura en congresos, seminarios, conferencias, exposicións, coloquios e proxeccións, que contribúen á difusión da literatura, a arte, o teatro, o cine ou a fotografía.
Fins
Os fins da Fundación resúmense en promover o estudo da obra de Gonzalo Torrente Ballester e a conservación do seu legado cultural, e concrétanse en:
…